Financiado por:
/ Portada / Delegados

"Turbosiestas" para mellorar a produtividade

16-01-2014 - SAÚDE LABORAL

Os tempos modernos parecían ter rematado coa boa sesta de toda a vida, que desaparece pouco a pouco da nosa vida diaria, esmagada polo peso dos horarios continuos, a falta de lugares axeitados e, sobre todo, pola mala imaxe que dá durmir -ou durmirse- no lugar de traballo.

Para moitos a sesta segue sendo un costume bárbaro e ancestral, un privilexio inútil de xente ociosa. Nada máis lonxe da verdade. E é que non se dorme a sesta por ganas de vivir menos, senón de vivir máis: quen non dorme a sesta só vive un día ao día; quen a dorme, polo menos dous: espertar é sempre empezar de novo, así que hai un día antes da sesta e outro despois.

Por outro lado, é certo que o corpo humano nos pide descanso a unhas determinadas horas do día e ignorarlle nos senta mal. E, aínda que efectivamente xa non teñamos tempo para unha sesta de pixama e penico, hai estudos que afirman que unha cabezadita a media tarde mellora a produtividade e o benestar.

En Estados Unidos, esta cabezadita recibe o nome de power nap, a turbosiesta: un sono de entre 10 e 20 minutos. Canto é o suficiente? Non se sabe. As medidas son infinitas. Este tempo está determinado polo noso propio corpo: conforme aumenta a idade, máis nos custa quedar profundamente durmidos.

Diego García-Borreguero, presidente da Sociedade Española de Sono e director do Instituto de Investigacións do Sono de Madrid, apunta que as dúas primeiras e breves fases do sono "producen cambios en determinadas estruturas cerebrais", afectando sobre todo ao tálamo, o mecanismo polo cal somos máis ou menos sensibles aos estímulos do exterior. A clave da turbosiesta está en evitar a chamada fase de ondas curtas, a partir da cal o espertarse empeza a ser máis difícil. Recobrar a consciencia nesa fase déixanos aínda máis somnolentos.

Un pode botar unha ou varias cabezaditas ao longo do día, pero o momento no que a necesidade de descanso se volve máis evidente prodúcese aproximadamente oito horas despois de espertar. "Ao contrario do que adoitamos crer, esta somnolencia non ten que ver con se comemos ou non", indica García-Borreguero. "É unha necesidade fisiolóxica que podemos ignorar; unha onda á que podemos subir ou non".

Nacemento do power nap ou Turbosiesta

James Maas, profesor xubilado de psicoloxía da universidade de Cornell (Nova Jersey, EUA), foi un dos principais impulsores da turbosiesta, tanto en libros coma a través de conferencias en universidades e empresas. Maas afirma ter acuñado o termo power nap cando traballou de consultor para a informática IBM, hai 30 anos. "Unha sesta remata coa somnolencia e reduce os tempos de reacción, o que á súa vez diminúe a capacidade de cometer erros", sinala nunha entrevista telefónica. "Iso mellora a produtividade, ademais de axudar a mellorar a nosa capacidade de pensamento crítico e creativo".

A NASA, a axencia espacial estadounidense, foi unha das primeiras en estudar o potencial das turbosiestas para mellorar a efectividade dos astronautas. "Para a nosa sorpresa, a memoria operativa (a que permite pensar en cousas e traballar con elas na mente) mellorou tras as sestas", afirmou tras o estudo o seu responsable, David Dinges, pero a capacidade de estar alerta non sufriu grandes cambios". Outro estudo, sinalou que a capacidade de aprender unha habilidade motora aumentaba nun 20% nas persoas que tomaban unha cabezadita.

Cal é a clave? Ao entrar na segunda fase do sono, a que precede á de ondas curtas, o noso cerebro se converte nunha boia e se illa, en palabras de García-Borreguero. "Isto fai que o noso sistema nervioso parasimpático gañe importancia, o que diminúe a función respiratoria e activa a produción de hormonas como a do crecemento -importante para os nenos- e a melatonina".

As bondades dunha breve cabezadita tamén convenceron algunhas empresas. Os partidarios das turbosiestas adoitan sinalar a Google como unha gran compañía que adoptou a práctica para os seus empregados, pero o xigante informático recorda que o repouso non é obrigatorio. "O que temos son áreas de descanso e relaxación onde os traballadores poden relaxarse, estar en silencio ou durmir", matizan dende a empresa, "aínda que se non queren durmir, poden non facelo”.

No Estado español a sesta está mal vista. En cambio, no estranxeiro vai ligada á produtividade. A pesar de que a idea vai callando pouco a pouco, é difícil combater o tópico de que durmirse no traballo é sinal de vagancia, considera Maas. "Ao final, como en todo, míranse as cifras. As empresas ven os efectos económicos, tanto no incremento na produtividade como a redución de gastos sanitarios para os seus traballadores, e convéncense. A xente está a empezar a entender que durmir ben non é un luxo, é unha necesidade".

 

Fonte: o país.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS