Financiado por:
/ Portada / Delegados

Tres empresarios e un aparellador, condenados por un accidente laboral

11-02-2013 - Accidente laboral

Tres empresarios e un aparellador acusados por un accidente laboral ocorrido en Llanes en 2008 admitiron a súa culpabilidade e aceptan as condenas propostas pola Fiscalía e a acusación particular: nove meses de prisión, multa de 1.080 euros e o pago conxunto dunha indemnización de 120.000 euros á vítima, un traballador que resultou ferido ao caer dun andamio dende 4,10 metros de altura.

Os acusados abonarán tamén a cantidade que unha mutualidade pagou ao Sespa, Servicio de Saúde do Principado de Asturias, en concepto de gastos asistenciais ao ferido, quen sufriu, entre outras lesións, traumatismos torácico e facial e fractura dun seo maxilar.
Tardou en curar 219 días, oito deles no hospital, e sufre varias secuelas como artrose postraumática, mareos e perda da mobilidade nunha boneca. Foi declarado con incapacidade permanente total para a súa profesión.

Fonte: preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS