Financiado por:
/ Portada / Delegados

Tres condenados por un accidente laboral nunha obra en Inca

08-02-2013 - Accidente laboral

Tres responsables dunha obra de Inca aceptaron senllas penas de nove meses de prisión, substituídos por 2.160 euros de multa, por un accidente laboral no que un traballador de 52 anos sufriu lesións graves e quedou incapacitado por deficiencias nos sistemas de seguridade. Os acusados enfrontábanse a unha petición fiscal de dous anos e medio de cárcere pero alcanzaron un acordo co ministerio público e declaráronse culpables dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes.

Os feitos ocorreron en xuño de 2007, cando a vítima traballaba no desencofrado dun patio de luces nas obras de reforma dunha gardaría. O traballador precipitouse desde unha altura de tres metros e medio, non había varandas nin puntos de ancoraxe para utilizar cintos de seguridade, sufrindo graves lesións e secuelas polas que se lle concedeu a incapacidade.

Fonte:prevention world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS