Financiado por:
/ Portada / Delegados

Tres anos sen unha resolución na intoxicación por mercurio en Asturiana de Zinc

14-01-2016 - ACCIDENTE LABORAL

O 2 de decembro de 2012, 50 traballadores sufriron unha intoxicación masiva por mercurio no accidente laboral por envelenamento de metais pesados máis grave rexistrados en Europa nos últimos trinta anos. O accidente produciuse na parada técnica da planta de tostación número 4 da empresa Asturiana de Zinc (Azsa).

Os imputados no caso do mercurio son, polo momento: o director da fábrica de Azsa en San Juan de Nieva e no momento do suceso, Director de Operacións Metalúrxicas da compañía, e catro mandos máis da mesma empresa: o xefe do departamento de Tostación, o responsable de prevención de Azsa, o técnico dese servizo e o responsable do seguimento da obra na que se produciu a intoxicación por metais pesados. A xuíza do Número 4 de Avilés chamou a declarar tamén como imputados ao xefe de obras da empresa Imsa e catro técnicos máis da mutua Unipresalud.

A data de hoxe, o grave accidente segue á espera dun avance no proceso xudicial aberto.

A maioría dos cincuenta afectados continúan de baixa e algúns conseguiron o retiro por enfermidade. Os traballadores afirman que aínda padecen secuelas, dende hemicrania a problemas de soño ou da vista. A maioría deles chegou a un acordo con Asturiana de Zinc mediante o cal renuncian a continuar a vía penal a cambio dunha indemnización e de melloras na asistencia médica, pero outra parte de traballadores decidiu continuar o proceso xudicial aberto contra a multinacional, esixindo que se recoñeza que foron vítimas dunha intoxicación, non dun accidente laboral ao uso, extremo que a empresa rexeita.

O proceso atópase á espera de que Inspección de Traballo se pronuncie sobre tres informes periciais presentados polos afectados.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS