Financiado por:
/ Portada / Delegados

Traballo en plataformas dixitais: regulamentos, políticas e iniciativas

18-02-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Este documento da EU-OSHA destaca os resultados e as conclusións dun estudo sobre os regulamentos, políticas, estratexias, iniciativas, accións e programas relacionados coa seguridade e saúde para o traballo en plataformas dixitais. Baséase en catro estudos de caso, tres dos cales presentan iniciativas lexislativas en España, Italia e Francia. O cuarto explica as accións que poden emprender as inspeccións de traballo e seguridade social para xestionar os riscos relacionados coa seguridade e saúde laboral.

A prevalencia e as actividades das plataformas dixitais utilizadas para satisfacer a demanda e a oferta de traballo aumentaron rapidamente na UE nos últimos dez anos. As respostas a esta economía emerxente de plataformas dixitais foron inicialmente limitadas e na súa maioría ofrecidas por empresas, traballadores/as e as súas organizacións representativas, así como por responsables políticos locais e rexionais. Dende entón, o fenómeno foi cobrando atención a escala da UE e dos Estados membros, e agora faise máis fincapé nas condicións de traballo e na saúde e seguridade no traballo (SST) dos traballadores/as de plataformas dixitais.

Neste documento normativo destácanse os principais resultados e as conclusións extraídas dun estudo exhaustivo dos regulamentos, políticas, estratexias, iniciativas, accións e programas relacionados coa SST. Baséase en catro estudos de caso, unha revisión bibliográfica e a consulta cos centros de referencia nacionais da EU-OSHA.

Examínanse os retos en materia de SST e as respostas ao traballo de plataformas dixitais, así como os avances operados en España, Italia e Francia. As catro conclusións crave para os responsables políticos e os responsables da toma de decisións presentan consideracións para avanzar e recomendacións tanxibles para mellorar as cuestións de SST no traballo en plataformas dixitais.

Ligazón ao documento "Saúde e seguridade no traballo de plataformas dixitais: leccións aprendidas dos regulamentos, políticas, accións e iniciativas"

Ligazón aos catro estudos de caso

Ligazón ao documento "Traballo en plataformas dixitais e seguridade e saúde no traballo"

 

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS