Financiado por:
/ Portada / Delegados

Traballo decente e a axenda 2030 de desenvolvemento sostible

01-08-2019 - OIT

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible coloca no seu centro ás persoas e o planeta e proporciona á comunidade internacional o ímpeto que necesita para traballar unida a fin de abordar os enormes desafíos que enfronta a humanidade, incluíndo os relacionados co mundo do traballo. Promover o emprego, garantir os dereitos no traballo, estender a protección social e fomentar o diálogo social son os catro alicerces do Programa de traballo decente da OIT, coa igualdade de xénero como un tema transversal. Estes son factores indispensables para facer avanzar toda a axenda de desenvolvemento sostible.

A Axenda 2030 abarca as tres dimensións da sustentabilidade: económica, social e ambiental. Está constituída por 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que se basearán nos progresos alcanzados a través dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) . Esta axenda foi adoptada polos líderes do mundo reunidos nun cume especial das Nacións Unidas o 25 e 26 de setembro en Nova York.

Tras un proceso de tres anos de negociacións intensivas e de diálogo, que congregou non só a gobernos e á sociedade civil senón tamén a millóns de persoas de todo o mundo, os Estados membros das Nacións Unidas acordaron por unanimidade o que o Secretario Xeral da ONU describiu como “a axenda de desenvolvemento máis inclusiva que o mundo xamais vise”.

Estímase que máis de 600 millóns de novos empregos deberán ser creados de aquí a 2030, só para seguir o ritmo de crecemento da poboación mundial en idade de traballar. Isto representa ao redor de 40 millóns de empregos ao ano. Tamén necesitamos mellorar as condicións dos 780 millóns de homes e mulleres que traballan pero non gañan o suficiente para superar eles e as súas familias o limiar da pobreza de 2 dólares ao día.

A importancia do traballo decente para realizar o desenvolvemento sostible está posto de manifesto no Obxectivo 8 cuxa finalidade é “promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos”.

O traballo decente incrementa os ingresos dos individuos e as familias, que poden ser gastados na economía local. O seu poder adquisitivo incentiva o crecemento e o desenvolvemento de empresas sostibles, sobre todo das pequenas empresas, que á súa vez poden contratar a un número maior de traballadores/as e mellorar os seus salarios e condicións de traballo. O traballo decente aumenta os ingresos fiscais para que os gobernos poidan financiar medidas sociais dirixidas a protexer a quen non atopan un emprego ou non poden traballar.

Promover o emprego e as empresas, garantir os dereitos no traballo, estender a protección social e fomentar o diálogo social son os catro alicerces do Programa de traballo decente da OIT, coa igualdade de xénero como un tema transversal. Estes son factores indispensables para facer avanzar toda a axenda de desenvolvemento sostible.

Ao redor da metade da poboación mundial aínda vive co equivalente a 2 dólares ao día. Con demasiada frecuencia, ter un emprego non garante a posibilidade de escapar da pobreza. Unha carencia persistente de oportunidades de traballo decente, investimentos insuficientes e baixo consumo producen unha erosión do contrato social que é o fundamento das sociedades democráticas: o dereito de todos a compartir o progreso.

Colocar a creación de empregos no corazón da elaboración das políticas económicas e dos plans de desenvolvemento, non só permitirá crear oportunidades de traballo decente, senón tamén un crecemento máis sólido e inclusivo que permitirá reducir as desigualdades. É un círculo virtuoso que beneficia tanto ás economía como á poboación e é un motor do crecemento sostible.

Ligazón á publicación Traballo decente e a Axenda 2030 de Desenrolo Sostible

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS