Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Traballar dende casa

19-11-2012 - LABORAL

Para reducir custos de oficina e enerxía, para axudar aos traballadores a conciliar; tamén para mellorar a produtividade e reter talentos. Cada vez son máis as empresas que apostan polo teletraballo.

A fórmula de enviar ou permitir ao empregado facer os seus labores (ou parte delas) dende fóra da oficina gaña terreo no estado español impulsada por Internet e as tecnoloxías da comunicación.

O 21,8% das empresas xa ten programas de traballo a distancia, segundo datos do INE. Dende grandes compañías a pequenas empresas que acaban de arrancar. Este sistema, ademais de reportar beneficios económicos, pode aumentar a produtividade.

E é que traballar a distancia para moitos supón, segundo os expertos, traballar máis. Aínda que ten as súas vantaxes, non todo o mundo está preparado para exercer dende a súa casa sen caer na obsesión ou o illamento. Ademais, a normativa que debería amparar a estes traballadores aínda ten algunhas lagoas.

A presenza nas compañías de empregados a distancia vai en aumento, aínda que as estatísticas que o miden son recentes, polo que a comparación non pode facerse con moita perspectiva.

Segundo o INE, actualmente o 21,8% das compañías teñen persoal que realiza polo menos media xornada á semana fóra da sede da empresa a través de ferramentas telemáticas. Un ano antes era o 21,6%. En 2009 era o 16%. Esta práctica é maior nas grandes compañías (de máis de 250 empregados), onde chega case ao 60%, mentres que nas de menos de 10 empregados só alcanza ao 18%.

Os defensores do teletraballo, aínda que recoñecen que existen algúns riscos, aseguran que ten innumerables vantaxes. En especial, económicas.

Un estudo da Rede de Investigación para o Teletraballo de Canadá e o Centro para o Desenvolvemento Económico de Calgary -onde se intenta impulsar esta fórmula- sinala que dous días de teletraballo á semana poden supoñer un aforro para as empresas, os empregados e o Estado duns 35.000 millóns de euros ao ano nese país.

"A diminución do movemento de persoal e o aumento da produtividade axudan ás empresas a economizar. Ademais, o teletraballo reduce o desgaste dos empregados e o absentismo", explica Robyn Bews, responsable do estudo, que incide en que a medida evita gastos tamén aos asalariados, como o de desprazamento, o que axuda a reducir os gases de efecto invernadoiro.

Unha cultura empresarial aínda moi ligada ao traballo por horas e non por obxectivos fai que esta fórmula avanzase a pequenos pasos no estado español.

 

Fonte: O País (http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/11/13/actualidad/1352830296_204497.html)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS