Traballar con calor19-06-2017 - HixieneNo verán moitos traballadores/as sobre todo aqueles que traballan ao aire libre son vítimas da calor. Por citar algúns os traballos en obras públicas, na construción, ou na agricultura, levan á exposición dos traballadores/as a temperaturas moi elevadas nos meses máis calorosos. O estrés térmico por calor pode orixinar diversos danos á saúde, desde cambras, deshidratación, esgotamento por calor ou golpe de calor. Este último é irreversible, de suma gravidade e pode chegar a ocasionar a morte. | ![]() |
|---|
O estrés térmico corresponde á carga neta de calor á que os traballadores/as están expostos e que resulta da contribución combinada das condicións ambientais do lugar onde traballan, a actividade física que realizan e as características da roupa que levan. A sobrecarga térmica é a resposta fisiológica do corpo humano de dar resposta á calor; depende de factores propios de cada persoa como a idade, a obesidade, a hidratación, o consumo de medicamentos ou bebidas alcohólicas, o xénero ou a capacidade do corpo para a aclimatación.
En situacións de calor intenso é preciso realizar unha boa planificación de tarefas que eviten as exposicións prolongadas, protexerse con roupas e cremas axeitadas e manter unha dieta e unha hidratación correctas.
Máis información:
Cuando vai calor, esta botella pode salvarte a vida (cartel, INSHT)
¡Que a calor non te queime! (cartel, INSHT)