Financiado por:
/ Portada / Delegados

Suecia prepara o seu rexistro de nanomateriais

05-06-2015 - Hixiene

Ante o escaso interese que amosa a Comisión Europea en crear un rexistro europeo de nanomateriais, Suecia sigue o camiño de Francia, Dinamarca e Bélxica e da un paso adiante cara a creación do seu rexistro de nanomateriais, encargando traballo á Axencia Sueca para as Substancias Químicas (KEMI) o deseño deo mesmo.

Así pois A Axencia investigará sobre a obriga de proporcionar información sobre a presenza de nanomateriales nas sustancias químicas con vistas á inscrición das mesmas nun rexistro, como debería ser o deseño do devandito rexistro  e que información deberían proporcionar ao mesmo os fabricantes ou importadores.


Así mesmo se realizarán as propostas de modificación da lexislación e unha análise xurídica das implicacións en relación coa Directiva 98/34 CE pola que se establece un procedemento de información en materia das normas e regulamentacións técnicas e das regras relativas aos servizos da sociedade da información.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS