Financiado por:
/ Portada / Delegados

Sobre a presenza dos nanomateriais nos alimentos

24-04-2015 - HIXIENE

A UITA, Unión Internacional de Traballadores da Alimentación, advirte do aumento da utilización de nanomaterias na industria alimentaria e da falta de métodos existentes para valorar os riscos que isto pode supoñer para os traballadores, os consumidores e o medio ambiente

Tamén advirte de que as empresas tampouco proporcionan información sobre se os produtos conteñen ou non nanomateriais, dato importante se temos en conta que estudios recentes apuntan a que a inxesta de nanomateriais manufacturados poden causar problemas de saude.

Acceso ao Comunicado da UITA e ás súas Recomendacións.

Acceso ao Informe anual 2014 da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) no que poñen de manifesto as limitacións das metodoloxías actuais que avalían os efectos tóxicos das nanopartículas que entran no organismo a través da vía oral e fan fincapé na necesidade de contar cun método provisional de probas para distinguir os produtos nano dos que non o son.

Acceso ao Informe de Friends of the Earth onde se inclúe unha lista de alimentos que están no mercado que conteñen nanopartículas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS