Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Sindicatos e patronal europeos danse nove meses para pactar a reforma da directiva de tempo de traballo

19-12-2011 - Laboral

Os sindicatos e a patronal europeos anunciado que se dan nove meses, contados a partir de decembro do ano 2011, para negociar unha reforma pactada da directiva de tempo de traballo. A norma limita a xornada laboral a 48 horas semanais en toda a UE pero permite excepcións (opt-out) para traballar máis tempo.

O desacordo entre os Vinte e sete e a Eurocámara fixo fracasar hai dous anos o anterior intento de modificar esta norma. O Parlamento pedía suprimir estas excepcións pero a maioría dos Gobernos, liderados por Reino Unido e coa oposición de España, solicitaron que se mantivesen, ampliando a xornada laboral a un máximo de 65 horas semanais.

Agora, os axentes sociais acolléronse a unha disposición do Tratado que lles permite asumir directamente a negociación da reforma. Segundo o Tratado, teñen total autonomía sobre a estrutura e o contido das discusións e dispoñen de 9 meses para pechar un pacto.

Se o logran, a Comisión presentará unha proposta para converter o acordo na nova lexislación da UE. Durante o período de negociacións, Bruxelas non ten previsto pór sobre a mesa novas iniciativas, pero se fracasan si que exporá os seus propios plans, segundo informou nun comunicado.

Até agora, patronal e sindicatos mostráronse dacordo na necesidade de reformar a lexislación. Pero difiren nos obxectivos, xa que os empresarios reclaman máis flexibilidade e os representantes dos traballadores un maior nivel de protección.

A reforma da lexislación é imprescindible debido a varias sentenzas do Tribunal de Luxemburgo que consideran que as gardas, médicas ou noutras profesións, deben considerarse tempo de traballo. Se se aplica esta xurisprudencia, practicamente todos os Estados membros incumpren a norma actual.

Fonte de Datos: rrhhdigital.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS