Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Sete de cada 10 traballadores sufren dolores musculares

05-12-2011 - Saúde laboral

Aproximadamente o 74% dos traballadores padece dores de tipo muscular. As dores a nivel de rexión lumbar supoñen o 40% , os relacionados coa columna dorsal un 26% e outro 26% afectan a columna cervical e pescozo. As dores de costas son un problema crónico que afecta a moitísimos españois. Calcúlase que hai 9,8 millóns de españois, case 10 millóns, afectados a dor de costas.


A incidencia destas dores de costas é máis frecuente nas mulleres que nos homes. Aproximadamente un 4% máis nas mulleres que nos homes. Nos últimos anos o uso dos computadores que se estendeu como todo o mundo sabe dunha maneira tremenda supón un 30% de sobrecarga destas doenzas
Segundo unha entrevista realizada ao Dr. Jesús Honorato Pérez, Director do Servizo de Farmacoloxía da Clínica Universitaria de Navarra, dende o punto de vista de tratamento farmacolóxico, o máis importante é a utilización o máis precoz posible de antiinflamatorios non esteroideos, por exemplo a aspirina é un fármaco que vén moi ben neste campo. O ácidoacetilsalicílico ten un efecto analxésico e antiinflamatorio, é dicir estamos a actuar sobre os dous compoñentes máis importantes da dor de costas. Na UE calcúlase que o 40% dos custos das enfermidades laborais está producido polas dores de costas.


Prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS