Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Sentenza condenatoria para un empresario por un accidente en traballos iniciados sen estar aprobado o plan de seguridade

25-03-2015 - sentenza

O xulgado do Penal de Soria condeou a un empresario a nove meses de cárcere como autor dun delito contra a seguridade dos traballadores e dous de lesións por imprudencia. Asl mesmo na sentenza recóllese a inhabilitación durante un ano e medio para o exercicio da profesión de construtor. Ademais deberá aboar unha multa de 540 euros e unha indemnización de 3.693, 92 euros ao traballador accidentado de forma conxunta coa compañía de seguros e coa empresa da que era administrador único.

O accidente tivo lugar nunha obra de rehabilitación de cuberta e fachada dun edificio; dous traballadores xunto co propietario da empresa, que exercía as funcións de dirección e encargado da obra, realizaban labores de  retirado de material da cuberta, empregando para este fin unha cesta elevadora autoportante; no momento do accidente os dous empregados estaban na rúa realizando labores de retirada do material da cesta, cando parte do hastial e dúas vigas caeron sobre eles, resultando golpeados.

Segundo a sentenza o empresrio “debeu proporcionar aos traballadores as medidas necesarias para que puideran desenvolver o traballo nas axeitadas condicións de seguridade para a súa integridade física”; queda probado que o empresario non proporcionou cascos aos traballadores e só entregou un arnés a un deles.  Ademais “ a empresa carecía de organización da actividade preventiva e non tiña proporcionado aos traballadores ningún tipo de formación”.

En relación ao Plan de seguridade e saúde, na sentenza se indica que “non se deberían ter iniciados os traballos de rehabilitación, pois o plan de seguridade e saúde en obra tiña un contido xenérico, que non se adaptaba ás características particulares da obra e que non fora aprobado aínda pola dirección facultativa”. Esta tiña advertido ao empresario de que “non podían iniciarse as obras ata que o plan estivese aprobado e subsanados os defectos que contiña”.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS