Financiado por:
/ Portada / Delegados

Segundo un recente estudo da universidade de Pittsburgh, os/as traballadores/as que alternan posicións de pé e sentado controlarían mellor o seu peso

04-11-2016 - ERGONOMÍA

Así é, en dito estudo descubriuse que alternar entre as posicións de pé e sentado en combinación con outras actividades físicas no desempeño das tarefas durante a xornada laboral é beneficioso para o control do peso.

No estudo analizáronse durante catro semanas a 18 persoas, de entre 22 e 57 anos, que realizaron tres sesións con posicións diferentes (sentado, de pé, sentado, de pé) dunha hora cada unha; descubrindo  que un traballador/a que está en repouso durante media hora, queima unha media de 5,5 calorías máis que aquel que está sentado durante a hora enteira.

Por outra banda, os participantes que estiveron de pé unha hora completa queimaron un extra de 8,2 calorías, e os que experimentaron unha alternancia de catro horas sentados e catro de pé durante unha xornada laboral, queimaron 56,9 calorías no caso dos homes e 48,3 calorías no das mulleres.

Así mesmo determinouse, que realizar unha actividade física habitualmente queimaría unhas 100 calorías máis por día, o que podería axudar a previr o aumento de peso na maioría dos individuos. Neste senso os investigadores cren que o uso regular deste procedemento durante a xornada laboral podería axudar aos traballadores/as de oficiña a manter o seu peso.

En consecuencia, segundo a investigadora principal deste estudo, a profesora de saúde e actividade física na Universidade de Pittsburgh, Bethany Barone Gibbs: Usar mesas que permitan a alternancia destas posturas é un método útil para aumentar a produtividade e a enerxía, diminuíndo a dor, o azucre en sangue e a presión sanguínea.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS