Financiado por:
/ Portada / Delegados

Segundo un estudo das universidades de Harvard e Stanford os traballos estresantes acurtan a vida ata tres anos

26-11-2015 - SAÚDE LABORAL

Ditas universidades cuantificaron canto pode reducir a túa esperanza de vida traballar nun lugar estresante. O estudo suxire que a cantidade de vida perdida é equivalente á tensión; aínda que o seu dano varía coa raza, nivel educativo e xénero en ata case tres anos de vida.

Na investigación estudáronse 18 grupos de persoas de diferentes razas, niveis educativos e xénero.  Logo analizáronse 10 factores do lugar de traballo incluíndo o desemprego e os despedimentos, a falta de seguro de saúde, o traballo por quendas, longas horas de traballo, a precariedade laboral e o conflito traballo-familia.

As investigacións demostraron que a inseguridade laboral, longas xornadas laborais, cargo de traballo e outros factores de tensións, poden reducir a esperanza de vida dos traballadores e traballadoras.

Os datos mostran que as persoas con menos educación teñen moitas máis probabilidades de acabar en postos de traballo con prácticas menos saudables, e os que teñen máis responsabilidade laboral, desenvolven menos tensión ao ter unha calidade máis alta laboralmente.

No que respecta á raza e ao xénero, os negros e os hispanos perderon máis anos de vida a causa do traballo que os brancos. As mulleres hispanas educadas perderon significativamente máis da súa vida útil ás condicións de traballo que os homes hispanos co mesmo nivel educativo.

En todos os grupos, o desemprego, os despedimentos e a falta de seguro de saúde foron os factores que exerceron maior influencia.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS