Financiado por:
/ Portada / Delegados

Segundo un estudo Universidade de Ohio, en Estados Unidos, a insatisfacción laboral provoca problemas como depresión, temores ou trastorno do sono que se fan manifestos entorno aos corenta anos de idade

18-10-2016 - Psicosocial

Segundo este estudio o nivel de satisfacción laboral que un traballador/a pode experimentar na década dos 20 e na dos 30 anos, remata por ter un efecto directo no seu estado de saúde mental que se soe manifestar ao redor dos 40 anos cun importante impacto. Os expertos da Universidade de Ohio afirman que a insatisfacción no traballo ten un impacto moito máis importante na saúde mental que na física, de tal xeito que as persoas que desde o comezo da súa vida laboral amosáronse infelices co seu traballo, cos anos tiveron máis problemas de depresión, temores e transtornos do sono.

En contraposición tamén observaron que as persoas cuxa satisfacción no traballo mellorou no trascurso da súa carreira laboral, non tiveron os problemas de saúde asociados a unha insatisfacción laboral constante, que parece ter un efecto acumulativo.

Para arealización deste estudo analizáronse datos de 6.432 traballadores/as estadounidenses que participaron na Enquisa Nacional Lonxitudinal da Mocidade en 1979, e cuxos resultados presentáronse na xuntanza anual da Asociación Americana de Socioloxía. Os resultados amosan con claridade e importancia que os primeiros anos de traballo na vida das persoas teñen para a súa saúde, comezando a aflorar os efectos adversos a partires dos coarenta anos.

Nunha escala de satisfacción de 1 a 4, o 45% dos participantes afirmou que a súa satisfacción laboral foi sempre baixa, mentres que un 23% afirmou que estaban satisfeitos ao principio da súa vida laboral, deixándolles de gustar co transcorrer do tempo. Tan só un 15% das persoas afirmaron sentirse felices nos seus traballos dende o princípio, mentres que ao redor do 17% esperaba que co tempo iría aumentando o seu nível de satisfación laboral.

No estudio comparouse a saúde dos traballadores/as que estaban felices desde o principio, coa saúde dos participantes doutros tres grupos, observándose que o deterioro da saúde mental afectou significativamente máis ao grupo de traballadores/as que se sentían insatisfeitos dende o principio coa súa carreira laboral. Neles observáronse maiores níveis de depresión, recorrentes estados de preocupación, transtornos do sono e alteracións emocionais de diversa índole que revelan unhas maiores probabilidades de padecer problemas de saúde mental.

En relación aos traballadores/as que viron reducida a súa satisfacción laboral ao longo dos anos, o estudo revela que poden padecer problemas frecuentes para durmir e preocupacións excesivas polos acontecementos que os rodean, ademáis de obter puntuacións máis baixas en canto á súa saúde mental en xeral.

A nivel físico estes traballadores/as tamén evidenciaron unha peor saúde xeral, reportándose especialmente dores de costas e frecuentes arrefriados.

 

Pola contra, as persoas que co tempo melloraron significativamente no seu nível de satisfación laboral, non amosaron ningún dos problemas emocionais anteriormente enumerados.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS