Financiado por:
/ Portada / Delegados

Segundo se desprende do Informe Bainstorm, a Intelixencia Artificial (AI) xera incerteza entre empresas e reguladores polo seu impacto sobre o emprego

15-05-2018 - BCW-CEPS

A Intelixencia Artificial (IA) segue a xerar suspicacias no mundo empresarial e regulatorio, principalmente pola incerteza sobre o impacto que terá no marcado laboral, segundo as conclusións do Informe Brainstorm, un estudo pioneiro de Burson Cohn & Wolfe (BCW) e o Centro de Estudos Políticos Europeos (CEPS) cuxo texto completo en inglés pódese atopar na ligazón ao final desta nova.

O Informe Brainstorm, que recolle as percepcións sobre a IA de case 200 empresarios, provedores e autoridades que traballan e coñecen esta tecnoloxía, amosa que o 43 % das empresas consultadas considera que existen riscos asociados a esta ferramenta. Esta porcentaxe aumenta ata o 50 % no caso das autoridades enquisadas, que tamén se amosan máis propensas (54 %) a pedir unha maior regulación que as propias empresas (30 %).

Neste senso, os ámbitos do Dereito Civil e a Xustiza son os considerados como prioritarios á hora de introducir regulacións no uso da Intelixencia Artificial, seguidos da asistencia sanitaria, o mundo do emprego e a política social.

John Higgins, asesor senior de Burson Cohn & Wolfe en tecnoloxía dixital, afirma que o Informe Brainstorm aborda moitas das reticencias existentes cara á IA. “A clave está en que a IA e a aprendizaxe automatizada (machine learning) poden non ser tan aterradores como moitos pensan”. Con todo, máis de catro de cada dez empresas consultadas considera que supón un risco, dadas as incertezas que existen.

Estes resultados apuntan a dúas conclusións xerais: en primeiro lugar, necesitamos informes periódicos para captar a experiencia de quen implementa a IA, e, en segundo lugar, é necesario un diálogo ordenado e multilateral sobre a IA”, asegura Higgins.

Segundo o Informe, a IA, do mesmo xeito que moitas outras novas tecnoloxías, terá un impacto sobre o emprego, pero o pronóstico sobre a dimensión dese impacto non é concluínte: o 34 % pensa que a IA creará máis postos de traballo dos que destrúe, mentres que o 40 % opina o contrario.

Andrea Renda, investigadora principal do CEPS, explica que o informe mostra como expertos e profesionais cren que a IA chegou para quedar, e destaca que as conclusións están en liña coa resposta das institucións da Unión Europea, “que xa están a tomar medidas neste ámbito”. Así, o pasado 9 de marzo, a Comisión Europea creou un grupo de expertos que ten previsto anunciar unha estratexia respecto da IA no próximo mes de abril. Mentres, o Parlamento Europeo publicou un informe sobre este tema en xaneiro de 2017.

O Informe Brainstorm presenta datos sobre as fortalezas, as debilidades e as oportunidades da IA, achegando valor ao actual debate ao redor desta tecnoloxía. O obxectivo do estudo é axudar aos reguladores e ás empresas a desenvolver estratexias para a mellor adaptación a esta ferramenta e promover a innovación. A IA é unha tecnoloxía que imita a intelixencia humana. As autoridades regulatorias e políticas e as empresas son conscientes do papel que pode desempeñar no fomento da produtividade e a cohesión social.

Ligazón ao Informe Brainstorm

Fontes: RRHHpress e Informe Brainstorm

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS