Financiado por:
/ Portada / Delegados

Segundo a Unión Europea de Consumidores, dada a pouca información dispoñible, é case imposible para os consumidores evitar os produtos que conteñen disruptores endocrinos

21-09-2016 - SAÚDE

Segundo sinala a Unión Europea de Consumidores –BEUC- a Unión Europea debe identificar aqueles produtos químicos que coñecemos como disruptores endocrinos e os que sospeita que o poden ser. Isto permitiría ás autoridades sanitarias actuar nos sinais de alerta temperá e previr un dano potencial aos cidadáns e o medio ambiente.

Os disruptores endocrinos utilízanse en moitos produtos cos que os consumidores entran en contacto todos os días: dende cremas para a pel a xoguetes infantís, pezas téxtiles ou envases de alimentos. Os científicos relacionaron estes compoñentes químicos con problemas de saúde graves, incluíndo a infertilidade humana, a obesidade e o cancro.

Ata a data, o ritmo da acción da UE para protexer aos consumidores segue sendo inexcusablemente lento  ou do todo ausente. Aínda que varias leis da UE regúlanos, a súa aplicación práctica queda curta xa que carecen de criterios para definir o que son disruptores endocrinos. Por tanto, estes escapan  do control efectivo previsto polas leis vixentes da UE a pesar da urxente necesidade de reducir ao mínimo a exposición do consumidor.

Segundo sinala a Unión Europea de Consumidores –BEUC- a Unión Europea debe identificar aqueles produtos químicos que coñecemos como disruptores endocrinos e os que sospeita que o poden ser. Isto permitiría ás autoridades sanitarias actuar nos sinais de alerta temperá e previr un dano potencial aos cidadáns e o medio ambiente.

As probas de seis ensaios sobre produtos testados por membros desta organización en varios países europeos demostran a persistencia de compoñentes nocivos que poden chegar a ser tóxicos.

Un de cada dous bálsamos de beleza en Italia contiña propilparabeno, compoñente químico con propiedades coñecidas de alteración endocrina; Franceses e belgas atoparon  tamén o propilparabeno nalgunhas cremas de marca caras, pero non nas alternativas máis baratas. Este compoñente pode irritar os ollos, a pel, o tracto intestinal e o respiratorio co contacto, a inxestión e a inhalación, respectivamente.

En Francia achouse metoxicinamato de etilhexilo, cuxo uso intensivo pode alterar o sistema hormonal, en sete de dezasete protectores solares.

En cinco de cada oito latas de tomates pelados, analizadas por encargo do Consello do Consumidor de Dinamarca, atopouse bisfenol, un coñecido disruptor endocrino.

O ftalato DIBP, un aditivo utilizado para manter os plásticos nun estado brando ou máis flexible, atopouse en peluches en Alemaña.

En tres de cada seis chaquetas de nenos testeadas polo Consello de Consumidores de Noruega atoparon produtos nocivos.

O Consello de Consumidores de Dinamarca descubriu concentracións de ftalato que superaban os límites legais nun popular xoguete infantil.

Dende BEUC acúsase á UE de carecer de criterio á hora de regular os compoñentes químicos. A organización explica que os criterios propostos entran en conflito co principio de precaución -consagrado no Tratado da UE-; a saber, que a acción protectora debe prevalecer nun contexto de incerteza científica.

O goberno austriaco pediu á Comisión que presente antes de finais de 2016 unha proposta concreta de modificación da regulación dos cosméticos da UE con respecto aos disruptores endocrinos. Aventúrase unha futura modificación do Regulamento de Cosmética para protexer aos consumidores de maneira efectiva.

Segundo  BEUC, dada a pouca información dispoñible, é case imposible para os consumidores evitar os produtos que conteñen disruptores endocrinos e esixe ás autoridades comunitarias actuar para previr un dano potencial aos ciudadán e o medio ambiente

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS