Financiado por:
/ Portada / Delegados

Satisfacción laboral e calidade do sono

17-09-2013 - PSICOSICIAL

O grao de satisfacción laboral afecta á calidade do sono, segundo revela un estudo desenvolvido por un grupo de investigadores británicos da Universidade de Surrey, o 33 por cento dos empregados insatisfeitos co seu traballo presenta desordes do sono, fronte ao 18 por cento que se encontran conformes coa súa situación laboral.

Así mesmo, da investigación despréndese que os asalariados e traballadores autónomos gozan dun sono moito máis reparador que os que están desempregados.

De feito, os investigadores aseguran que o 40 por cento das persoas que están no paro teñen máis dificultades de conciliar o sono e de non se espertar ao longo da noite que os que teñen traballo.

O tipo de traballo dunha persoa tamén inflúe na calidade do sono pois, segundo sinala o estudo, os que exercen profesións liberais dormen mellor que o resto dos profesionais.

Por outra parte, só o 6 por cento dos directivos goza de máis de oito horas de sono por noite (o que recomendan os expertos), fronte ao 11 por cento dos que non teñen responsabilidades de xestión.

Esta análise, realizada sobre os datos solicitados en 14.000 fogares do Reino Unido, apunta ademais que as persoas con maiores niveis de educación e as que están casadas gozan tamén dun sono de "máis calidade".

"Tendo en conta os vínculos entre a saúde, o sono e as circunstancias sociais e económicas podemos concluír ademais que as persoas máis desfavorecidas ou as que atravesan problemas económicos ten máis problemas para conciliar o sono, o cal repercute de forma directa na súa saúde", explica a profesora da Universidade de Surrey, Sara Arber.

 

Fonte: e-saludable.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS