Financiado por:
/ Portada / Delegados

Sancionada unha comunidade de veciños tras accidente, por non nomear coordinador de seguridade e saúde

02-04-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Delegación de Traballo de Bizkaia sancionou con 2.046 euros a unha comunidade de propietarios de Bilbao onde caeu unha estada.

O 25 de febreiro do pasado ano, unha estada na que se encontraban varios traballadores facendo obras na fachada desta comunidade de propietarios derrubouse, resultando feridos de gravidade dous traballadores, uns dos cales non estaba dado de alta na Seguridade Social.

A acta de infracción da Inspección de Traballo considera probado que hai un incumprimento do decreto que obriga ao promotor da obra, a comunidade de veciños neste caso, a nomear un coordinador de seguridade e saúde nas obras nas que interveña máis dunha empresa.

Esta condición que se cumpre no presente caso, debido a que existían dúas empresas: unha para a instalación da estada e outra para a execución dos traballos na fachada.

Quedou constatado que a comunidade de veciños designou un coordinador de seguridade e saúde para a obra de rehabilitación da fachada o 16 de abril de 2013, é dicir, seis meses despois do inicio dos traballos e case dous meses despois do accidente de traballo. Por iso, Traballo considerou que existe unha infracción administrativa grave en materia de prevención de riscos laborais.

 

Fonte: finanzas.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS