Financiado por:
/ Portada / Delegados

Sancións de máis de 13 millóns de euros por incumprimentos en xestión de datos en 2015

23-09-2016 - XESTIÓN DATOS

As empresas xestionan unha gran cantidade de datos dos seus traballadores e clientes cometendo erros na forma de custodiar a información ou na transmisión de datos, o que provoca perdas nas empresas por un valor de máis de 9 millóns de euros, segundo reflicte o informe.

Segundo a Memoria da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), durante o 2015 tramitáronse 10.871 denuncias, o que supón un incremento do 15´70% respecto ao ano anterior, e de declararon sancións por importe de 13.712.621 euros.

As sancións de maior cuantía recaeron en empresas de telecomunicacións (51% do total), entidades financeiras (17%) e empresas encargadas do subministro e  comercialización de enerxía ou auga (8,7%), seguidas das infraccións declaradas por comunicacións electrónicas comerciais –spam- (6,5%).

As empresas xestionan unha gran cantidade de datos dos seus traballadores e clientes cometendo erros na forma de custodiar a información ou na transmisión de datos, o que provoca perdas nas empresas por un valor de máis de 9 millóns de euros, segundo reflicte o informe.

Ante esta situación, a AEPD renovou a finais de xullo a súa listaxe de preguntas frecuentes onde o cidadán poderá atopar resposta ás consultas máis frecuentes en materia de protección de datos, incluíndo as consultas máis comúns relacionadas coas competencias da AEPD, como os ficheiros de solvencia patrimonial e crédito -tamén chamados de morosos-, as novas seccións de dereito ao esquecemento, transparencia, ou o tratamento de datos no ámbito laboral.

A pesar da entrada en vigor o 25 de maio de 2016 do Novo Regulamento[1] de Protección de Datos da Unión Europea, a día de hoxe máis do 19% das medianas empresas españolas incumpren a normativa vinculante en protección de datos.

O novo regulamento, que será de aplicación a todo tratamento parcial ou total automatizado de datos persoais, presenta como novidade o recoñecemento do dereito ao esquecemento (eliminación dos datos persoais do solicitante e bloqueo en redes sociais), a protección de datos dende o deseño, a imposición de códigos de conduta, e introduce a figura de delegado de protección de datos. O incumprimento deste supoñerá multas de ata o 4% da facturación global das empresas.

As empresas que non queiran asumir multas por valor superior aos 20 millóns de euros, terán que implementar medidas de seguridade, nomear un delegado da custodia de información, promover bos códigos de comportamento entre os seus empregados, avaliar o impacto das medidas implementadas e gardar todos os rexistros dos controis e auditorías realizadas o tempo que estimen prudencial.

Acceso ao Regulamento de Protección de Datos



[1] O Novo Regulamento Europeo de protección de Datos, foi aprobado o 14 de abril do 2016. Esta nova normativa será de aplicación a todos os estados membros da UE e xorde co obxectivo de harmonizar todas as regulacións en materia de protección de datos dos estados membros.Entrou en vigor o 25 de maio de 2016 e será de obrigado cumprimento en dous anos.

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS