Financiado por:
/ Portada / Delegados

Sanción a Correos por non estimar o risco asociado ás radiacións solares no posto de carteiro/a

09-03-2018 - Sentenza

O Xulgado do Social número 9 de As Palmas confirma a sanción imposta pola Consellería de Emprego, Políticas Sociais e vivenda do Goberno de Canarias en 2016 á Sociedad Estatal de Correos e Telégrafos, por non incluír na avaliación de riscos laborais o risco asociado ás radiacións solares dos carteiros/as. O Xulgado estima parcialmente o recurso interposto por Correos, reducindo a cuantía da sanción.

A Consellería sancionou a Correos tras confirmar en dúas inspeccións, unha en setembro de 2015 e outra en xaneiro de 2016, que a avaliación de riscos laborais non contemplaba o risco de exposición a radiacións solares dos funcionarios/as que traballaban na rúa. Contra a sanción Correos acudiu á xurisdición laboral alegando que entregaba aos traballadores/as roupa de traballo para a época de verán e “gorras”.
A Inspección aludiu ao artigo 6 do Real Decreto 773/1997, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores/as de equipos de protección individual, no que se estabelece dentro da lista indicativa e non exhaustiva de equipos de protección individual, os protectores da pel, cremas de protección e pomadas.
Á vista do mencionado Real Decreto, o maxistrado indica que “debemos coincidir coa Inspección en que o risco á radiación solar debe ser tido en conta na avaliación de riscos, non alcanzando a entenderse as resistencias da entidade actora”.

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS