Financiado por:
/ Portada / Delegados

Saúde e seguridade no traballo dos traballadores de idade avanzada: unha prioridade para todos

21-07-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O desafío dunha forza laboral envellecida e en diminución non é novo en Europa: para 2030, espérase que os traballadores/as de entre 55 e 64 anos representen o 30% ou máis da man de obra. Mentres tanto, moitos traballadores/as abandonan o mercado laboral moito antes de alcanzar a idade de xubilación.

As solucións sostibles para garantir condicións seguras, saudables e xustas dende o comezo da vida laboral dunha persoa son a clave para deter este proceso negativo e mellorar a produtividade a longo prazo.

Para apoiar o desenvolvemento de políticas nesta importante área, un proxecto despregado  por EU-OSHA hai algúns anos brindou unha gran cantidade de análise de políticas e iniciativas sobre o envellecemento dos traballadores/as en toda Europa.

Ligazón ao proxecto Traballo máis seguro e saudable a calquera idade: seguridade e saúde no traballo no contexto dunha forza laboral que envellece e acceda ás súas diversas publicacións.

Máis información sobre o xeito en que os países europeos enfrontan os desafíos de seguridade e saúde no traballo explorando a ferramenta de visualización de datos sobre envellecemento e SST publicada en 2017 da EU-OSHA..

Ligazón á campaña Lugares de traballo saudables para todas as idades Axúdenos a promover prácticas laborais saudables para todas as idades: use e comparta recursos prácticos presentados a través da campaña 2016-17,

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS