Financiado por:
/ Portada / Delegados

Síndrome da fatiga informativa

03-07-2015 - PSICOSOCIAL

A síndrome Síndrome de Fatiga Informativa (IFS) dáse en persoas que tenden a manexar grandes cantidades de información procedente de libros, revistas, xornais, correos electrónicos, móbiles e sobre todo redes sociais. Os síntomas máis destacados deste son: estrés, ansiedade, confusión, problemas de atención e concentración, dificultade para a análise e a toma de decisións, superficialidade e danos nas relacións persoais.

A información é necesaria para a vida moderna, o problema xorde cando superamos o albor daquela que somos incapaces de asimilar e procesar, o que nos leva frecuentemente a empeorar a nosa capacidade analítica, condúcenos a tomar decisións erróneas e como consecuencia prodúcenos unha enorme ansiedade.

O Tecnostress é unha enfermidade provocada pola incapacidade de facer fronte ás novas tecnoloxías da informática dun xeito saudable que pode manifestarse tanto naquelas persoas que lles custa máis adaptarse e aceptar a tecnoloxía informática, ou aquelas que teñen un exceso de identificación coa dita tecnoloxía.

No lado oposto está a adicción a Internet (IAD, Internet Addiction Disorder) un trastorno estudado recentemente e do que aínda se coñece pouco. Segundo algúns datos os homes son máis adictos á rede que as mulleres con cifras que roldan o 80%. O 20% restante son adultos dependentes dos xogos de azar en liña e os sitios de pornografía. Nos casos máis agudos algúns dos diagnosticados pasaban ata 18 horas ao día diante da pantalla, nun fluxo continuo de información e emocións. As principais consecuencias que leva consigo esta adicción son a perda de sono e a concepción dilatada e distorsionada do tempo e do espazo, con efectos sobre a conduta que mostran un aumento na agresión e a desinhibición sexual.

As redes sociais, en particular proporcionan a ilusión da xestión das emocións por vontade, pero nestes casos de alta dependencia as palabras e as accións da vida cotiá adquiren para estes individuos unha concreción case virtual.

A terapia utilizada ata agora, no caso dos adultos, recoméndaselles dispoñer dun horario de tempo libre, e aos adolescentes relacionarse co mundo real.
O IAD é un claro indicador de problemas familiares máis complexas. A miúdo danse conta de que a base son problemas sen resolver entre pais e fillos. E a terapia é unha oportunidade para facer fronte a estes. Entre os rapaces hai que distinguir os "antisociais" que se caracterizan pola agresividade e por utilizar este comportamento como unha represalia contra o control dos pais, e os "non sociais" que son a miúdo as persoas vulnerables, que antes da chegada de Internet xa se refuxiaban na casa e para os que a rede é unha bendición vinda do ceo. A falta de imprevisibilidade e a capacidade de esquecer por completo a dimensión corporal, proporcionan aos afectados as únicas relacións posibles.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS