Financiado por:
/ Portada / Delegados

Repunta o absentismo laboral

18-06-2015 - SAÚDE

O IV informe Adecco sobre absentismo indica que as taxas de absentismo laboral repuntan por primeira vez en seis anos, pasando do 4,1% no 2013 ao 4,4% no 2014. Cuestión a ter en consideración sobre o absentismo laboral é a análise que as empresas fan do mesmo: cando se investiga, case sempre se analiza ao traballador/a de xeito illado, sen ter en conta factores da organización interna da empresa como as relacións laborais, a carga de traballo, a xornada ou as condicións salariais.

Segundo datos do informe, as taxas de absentismo en 2014 por sectores foron do 4,5% en servicios, 4,3% en industria y do 3,1% en construción, observándose nos tres sectores un incremento en relación ao período anterior. Tamén considera o informe outro tipo de absentismo: o absentismo presencial ou presentismo; neste caso o 46% das empresas enquisadas indicou que detectaron presentismo na súa empresa, o 26% non apreciaron estas prácticas e o 28% non o pode saber pois non existe control sobre este particular.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS