Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Relaciónase a exposición a pesticidas cun maior risco de desenrolar diabetes

10-11-2015 - HIXIENE

Segundo un estudo da UniversidadE de Ioannina e do London Imperial College, a exposición a calquera tipo de pesticida supón un 61% máis de probabilidades de padecer diabetes. Esta é a conclusión tras revisar 21 estudos previos sobre un total de 67.000 casos.

Os resultados, obtidos a través de análises de sangue e ouriños, presentáronse a semana pasada na reunión anual da European Association for the Study of Diabetes, en Estocolmo.

No desenvolvemento da diabetes, novas evidencias suxiren que os contaminantes ambientais, no que estarían incluídos os pesticidas, poden desempeñar un papel importante na orixe desta patoloxía.

Calquera praguicida e a súa vinculación con todos os tipos de diabetes foron obxecto de estudo polos investigadores e realizaron análises separadas de investigacións que estudaron só a participantes con diabetes tipo 2, que é a que adoita presentarse en persoas a partir dos 40 anos e é cando o corpo produce insulina pero non a suficiente ou non pode aproveitala adecuadamente. Nos 12 estudos que analizaron unicamente a diabetes tipo 2, o aumento do risco foi do 64% para as persoas expostas a pesticidas.

A análise por separado de cada un dos praguicidas suxire que algúns pesticidas son máis propensos a contribuír ao desenvolvemento da diabetes que outros.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS)  preto de 350 millóns de persoas teñen diabetes e, para o ano 2030 prevese que sexa a sétima causa de mortalidade. No estado padécena máis de cinco millos de persoas, e 25.000 morren cada ano como consecuencia da diabetes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS