Financiado por:
/ Portada / Delegados

Reducir a protección dos traballadores/as permite reforzar o crecemento do emprego?

21-07-2015 - OIT

O recente informe da OIT "Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2015: o emprego en plena mutación", analiza datos recollidos ao longo de 20 anos, de 63 países entre os que están as economías máis avanzadas, así como países de África, Asia e América Latina. No informe constátase que a redución da proteción a traballadores/as non estimula o crecemento do emprego.

En torno ao ano 2008, no momento máis crítico da crise económica mundial, varios países, particularmente europeos, decidiron introducir cambios lexislativos que reduciron o nivel de protección dos traballadores/as, co fin de estimular o crecemento económico e así incentivar a creación de emprego.

Os resultados da investigación amosan que a lexislación laboral nun determinado país non ten efectos, nin positivos nin negativos, sobre as taxas de emprego e desemprego; estos resultados non varían en función do tipo de economía, é decir son similares para as economías avanzadas, as emerxentes e as que se consideran en desenvolvemento. Así mesmo do informe despréndese que a regulación do traballo pode ofrecer protección aos traballadores/as nin perxudicar a creación de emprego. Segundo un dos autores do informe "reducir a protección dos traballadores/as non disminue o desemprego; os cambios mal concebidos, que debilitan a lexislación en materia de protección do emprego, tenden a ser contraproducentes tanto a corto como a longo prazo".

Ligazón ao informe "Perspectivas sociales y del empleo en el mundo 2015: El empleo en plena mutación"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS