Financiado por:
/ Portada / Delegados

Recoñecida como accidente de traballo a lesión dunha médica durante un congreso

12-12-2016 - SENTENZA

Segundo o fallo "A asistencia a unhas xornadas de formación estase dalgunha maneira traballando, polo que se se produce unha lesión debe considerarse accidente de traballo".

A facultativa asistiu en maio deste ano a unhas xornadas de formación da súa especialidade. Os gastos do congreso foron sufragados polos organizadores do evento e non polo hospital no que traballaba.

Nunha das sesións de formación a especialista sufriu un golpe que lle produciu a fractura do húmero do brazo dereito. Iso orixinou unha baixa médica, que se tramitou como accidente de traballo.

A Seguridade Social ditou unha resolución pola que negaba tal cualificación porque, ao seu xuízo, considerábase como un accidente derivado de enfermidade común.

O Xulgado Social número 1 de Burgos ditou sentenza recoñecendo que a caída que sufriu a médico especialista en Pneumoloxía durante a asistencia ao congreso científico é accidente de traballo. O fallo entende que, aínda que a lesión produciuse fóra do hospital, "é accidente laboral porque o centro hospitalario séguelle pagando eses días", aínda que os gastos das xornadas son satisfeitos por persoa ou persoas distintas.

O xulgado Social explica que o exercicio da mediciña "implica unha constante actualización dos coñecementos en beneficio dos pacientes e do centro onde se serve". Este labor de estudo pódese facer no propio hospital, a través das sesións clínicas, e en congresos organizados no exterior por terceiros.

O xulgado insiste en que a médico "non asistiu ao congreso pola súa conta e risco", pois o hospital seguíalle retribuíndo eses días.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS