Financiado por:
/ Portada / Delegados

Recoñecida como accidente de traballo a agresión dun xefe a un operario

11-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Bizkaia recoñeceu como accidente de traballo a agresión a un traballador por parte do seu xefe.

O xefe da empresa agrediu dentro das instalacións a un dos seus traballadores. A mutua deu a baixa ao traballador por accidente de traballo ese mesmo día con diagnóstico de cervicalgia e ansiedade, e deulle a alta dous meses despois estimando que xa se recuperara. Non obstante, o estado de ansiedade persistía e o traballador tivo que solicitar unha baixa médica a través de Osakidetza, Sistema Sanitario Público Vasco.

É esta baixa por ansiedade, que se deriva da agresión sufrida, a que a Seguridade Social entende que é tamén un accidente de traballo.

 

Elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS