Financiado por:
/ Portada / Delegados

Recargo de prestacións en caso de sucesión de empresas I

02-06-2015 - sentenza

O caso corresponde a un traballador falecido a causa de enfermidade profesional, asbestose, recoñecida con posterioridade á sucesión na titularidade das empresas nas que exerceu a súa labor profesional .A xurisprudencia establece que nos casos de sucesión de empresas, a responsabilidade que conleva o recargo de prestacións, calquera que sexa o momento da súa declaración, é intransferible pola vía da sucesión da empresa.

Segundo se desprende da sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Supremo, no ha lugar ao recurso interposto contra a sentenza na que se impuña o 50% de cargo nas prestacións por morte, derivada dunha enfermidade profesional, do traballador, e na que se condea como responsables ás empresas nas que o falecido prestara servizos, absolvendo ás empresas codemandadas, sucesoras das anteriores dende data posterior ao cese laboral do traballador.

Na sentenza a Sala indica que aínda que o artigo 44 do ET dispón que nos supostos de cambio de titularidade dunha empresa o novo empresario queda “subrrogado nos dereitos e origas laborais de Seguridade Social do anterior” e estabelece a responsabilidade solidaria “durante tres anos das obrigas laborais nacidas con anterioridade á transmisión”, sen esquecer que esta afirmación faise “sen prexuizo do establelecido na lexislación de Seguridade Social” ; precisamente no artigo 127.2 da Lei Xeral da Seguridade Social, se  establelece que “nos casos de sucesión de empresas, o adquirente responderá solidariamente co anterior das prestacións causadas antes da sucesión”, resultando así que a solidaridade únicamente alcanza ás prestacións causadas antes da sucesión, pero non ás posteriores que teñan causa en incumprimentos anteriores.

Ligazón Sentenza de 28 de outubro de 2014. Recurso de casación Núm: 2784/2013. Tribunal Supremo. Sala do Social.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS