Financiado por:
/ Portada / Delegados

Recargo de prestacións do 30% por dano psicosocial a unha traballadora

21-02-2018 - Sentenza

A Osakidetza, Sistema Público de Saúde Vasco, terá que aboar un recargo do 30% sobre todas as prestacións de seguridade social, incluíndo a prestación de incapacidade permanente absoluta por enfermidade profesional, a unha traballadora por dano psicosocial.

No ano 2015, unha sentenza recoñeceu como accidente de traballo o período de baixa que a traballadora iniciou en xullo de 2014 debido ao estado emocional e de ansiedade derivados dun conflicto laboral. A mediados de 2016 o INSS recoñece á traballadora unha incapacidade permanente absoluta. Posteriormente o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, nunha sentenza que condeaba á Osakidetza ao pago dunha indemnización en concepto de danos e prexuízos, considerou que o transtorno que padece a traballadora está relacionado directamente coa situación de conflito laboral sufrida no seu posto de traballo e coa ausencia dunha avaliación de riscos psicosociais, "avaliación que tería que ter feita Osakidetza e que non se levou a cabo".

Agora a Inspección de Traballo considera que Osakidetza non implantou as "medidas preventivas axeitadas" para protexer a saúde da traballadora, o que implica que terá que pagar unha recarga do 30% sobre todas as prestacións de seguridade social orixinadas por estes feitos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS