Financiado por:
/ Portada / Delegados

Recargo de prestacións a un traballador que se accidentou de maneira manifestamente imprudente

15-07-2014 - Accidente laboral

O 9 de febreiro de 2008, o traballador H., operario de limpeza nunha empresa de panadaría, procedeu a limpar unha das tolvas, para o que se introduciu no seu interior e ao porse en marcha as pezas rotatorias do fondo, resultou gravemente lesionado nun pé, o que motivou a unha situación de invalidez. O traballador non atendeu ao letreiro situado baixo o cadro de mando no que se indicaba que era preceptivo desconectar totalmente a máquina da rede antes de limpala, nin as advertencias dunha compañeira que lle indicou que saíse da tolva.

O traballador recibira formación e información sobre prevención de riscos durante só 45 minutos, sendo o responsable de Prevención da empresa quen o impartiu a formación.


A Inspección de Traballo, considerando que a empresa non cumprira con varias das súas obrigas preventivas (por exemplo, non verificou que as máquinas estaban desconectadas antes de proceder á súa limpeza, non existían unhas instrucións de traballo que prohibisen introducirse na tolva, a formación era manifestamente insuficiente...) propuxo a recarga de prestacións, e o INSS resolveu asignando a recarga.


Recorrida a decisión pola empresa, o Xulgado do Social 2 de Tarragona,  revogou as resolucións do INSS, deixando as mesmas sen efecto algún.


Recorreu o traballador ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, o cal razoa que "No presente caso, aínda que a conduta culposa [imprudente] do traballador poida reputarse como grave, estimamos que non ten entidade suficiente para eliminar a responsabilidade da empresa, pois da mesma forma que o sinistro non se tería producido de actuar o traballador con maior prudencia e cautela que a que observou, tampouco se tería producido cun método axeitado de traballo, que garantise a parada da máquina en todo caso antes do inicio dos labores de limpeza".

E, en consecuencia, estiman o recurso do traballador e anula a sentenza do Xulgado do social, concedendo por tanto  ao traballador a recarga de prestacións.

Fonte: prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS