Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Ratifican o fallo que declara accidente laboral o suicidio dun traballador de banca

11-02-2019 - SENTENZA

O fallo desestima o recurso de suplicación interposto pola mutua e por Cajamar, no que se expuxo que ao non constar que o traballador estivese sometido a presións de carácter laboral, nin conflito coa empresa ou cos compañeiros de traballo, debía prevalecer o criterio da voluntariedade da decisión do traballador pero desvinculándoa da realización do seu traballo.

A sentenza de orixe do Xulgado do Social número 3 de Almería xa apreciaba a “relación de causalidade que existe entre o conflito laboral previo, que é indiscutible, e o estado de nervios ou tensións” que sufriu o finado “por causa dese conflito”.

O TSXA apunta na súa sentenza que os recorrentes non puideron probar que as causas reais do suicidio non estaban relacionadas co desempeño do traballo “pois non figura no relato de feitos probados”, que “non foi atacado por ningunha das partes”.

O traballador arroxouse ao baleirou tras manter un conflito cun cliente relacionado cun ingreso de diñeiro, de maneira que foi insultado polo mesmo, ao que advertiu tras solucionarse o asunto que chamaría á Policía. A situación provocou un estado de estado “de ansiedade e nervios” ao afectado, que tras o incidente falou primeiro a directora e despois a interventora da oficina para tranquilizalo porque estaba “moi alterado, nervioso, suando e dando golpes na mesa”.

A segunda díxolle que fóra a acougarse ao arquivo e aos dous minutos desta conversación, o finado pediulle permiso para saír á rúa, ao que a interventora díxolle que si. A continuación o empregado accedeu á azotea dende a que se precipitou ao baleiro.

O avogado que representou á familia do traballador, indicou que “obviamente o suicidio é o caso máis extremo que podemos atoparnos, pero cada vez son máis os traballadores e traballadoras afectados por diversas formas de malestar psíquico que poden poñer en severo risco a nosa calidade de vida e ter tanta ou máis capacidade invalídante que as doenzas estritamente físicas”.

“Esta situación está causada en boa medida pola acusada degradación das condicións laborais, o temor á perda do posto de traballo ou o incremento incesante da presión que moitas empresas exercen sobre os seus empregados. É necesario que as doenzas psicosociais deixen de ser as grandes esquecidas e ignoradas no ámbito da prevención de riscos laborais”, segundo valorou.

Fonte: prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS