Financiado por:
/ Portada / Delegados

Promoción de hábitos saudables

30-05-2013 - SAÚDE

As empresas do estado español sitúanse á cola na promoción de hábitos saudables con respecto aos países do primeiro mundo, segundo o estudo 'Produtividade e Empresa Saudable' elaborado pola Escola de Negocios IESE para o Observatorio GOfit.

Concretamente, o informe revela que as accións que as empresas españolas adoitan realizar neste campo adoitan ser "de carácter illado" e "rara vez forman parte dunha estratexia transversal".
Non obstante, a profesora e investigadora Pilar García Lombardía, autora do estudo, indicou que, aínda que EUA leva ao Estado español "bastante vantaxe" na promoción da saúde dende o ámbito laboral, na actualidade nas empresas españolas obsérvase "unha preocupación case histórica polo tema da saúde, proveniente, sobre todo, do ámbito da prevención de riscos laborais".

Así, o estudo apunta que as empresas centran principalmente os seus esforzos na prevención de enfermidades cardiovasculares e do cancro -especialmente de colón e de próstata-, programas que son necesarios pero non suficientes. "As empresas deben ser capaces de dar un salto cualitativo que sitúe a promoción da saúde dos empregados como liña de traballo corporativa incluída no plan estratéxico", sinala.

O estudo ofrece algunhas recomendacións ás empresas entre as que destacan: incluír políticas de saúde na estratexia da empresa, deseñar estratexias transversais que impliquen diferentes áreas, e tratar de agrupar iniciativas illadas en torno á nutrición, o descanso e o exercicio físico. Ademais, apunta como claves de éxito: a implicación dos empregados, a sensibilización e formación e os programas personalizados.

Por outra parte, do estudo despréndese que as empresas que desenvolven políticas que fan do espazo de traballo un lugar "saudable" conseguen unha maior produtividade. Así, o profesor da escola de negocios IESE, José Ramón Pin, autor do estudo, indicou que as empresas que levan a cabo políticas de comunicación interna, de RSC e políticas que permiten aos seus traballadores conseguir "un ton corporal, intelectual e espiritual axeitado", son "as que chegan fortes aos períodos de crise e non necesitan terapias cirúrxicas".

Neste sentido, aínda que precisou que é un fenómeno "aínda incipiente no estado español", remarcou que "unha empresa saudable" non só mellora a situación das persoas senón que as fai máis produtivas. "Un empregado san rende máis, equivócase menos, ten menos baixas, comprométese máis e é máis produtivo", apuntou.

Esta sinerxía, segundo engadiu, "pode evitar que en épocas como as actuais se teñan que utilizar procesos traumáticos, os famosos ERES", procesos que, segundo puntualizou, algunha vez, "non hai máis remedio que facer" pero que "serían moito menos radicais se se tivesen feito as cousas ben antes".

Así, criticou que neste momento en que "o urxente supera ao importante", no que "se a política está convulsa, a economía che deixa perplexo", as empresas se esquecesen de conceptos como a conciliación e a RSC, só busquen "mellorar a rendibilidade" e decántense polos despedimentos. O problema disto, segundo apuntou, é que os empregados "perden a moral, deixan de estar implicados" e "co tempo o crecemento baixa".

 

Fonte: europapress.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS