Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Profesionais da SST no ámbito do lugar de traballo: análise dos sistemas de cualificación e dos enfoques normativos

06-06-2023 - OIT

Este estudo da OIT, céntrase nos profesionais con cualificacións pertinentes que desempeñan funcións relacionadas coa seguridade ou funcións relacionadas coa saúde ou unha combinación de ambas as no lugar de traballo, e que son responsables da xestión da seguridade e saúde no lugar de traballo. A estas persoas poderíallas denominar profesionais da seguridade e a saúde designados polo empregador/a no lugar de traballo para xestionar a SST

Por primeira vez, un informe dun estudo ofrece un resumo exhaustivo dos sistemas de cualificación en materia de SST en distintos países. As conclusións ilustran as diferenzas e as similitudes entre os países en termos de regulación, asociacións profesionais, títulos dos postos de traballo, deberes e tarefas, educación e formación, competencia, experiencia, desenvolvemento profesional, práctica ética e temas clave relacionados co acceso á profesión e os novos retos aos que esta se enfronta.

A OIT levou a cabo este estudo sobre os sistemas de cualificación dos profesionais da SST en 14 países que reflicten a diversidade de situacións. Estes países son Australia, o Canadá, España, os Estados Unidos, Francia, Indonesia, Xamaica, o Xapón, Nova Zelandia, o Reino Unido, a República de Corea, Singapura, Tailandia e Viet Nam.

Ligazón ao resumo executivo: Profesionais da SST no ámbito do lugar de traballo: análise dos sistemas de cualificación e dos enfoques normativos. OIT 2023

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS