Financiado por:
/ Portada / Delegados

Prioridades de investigación para reducir a carga da saúde mental

08-10-2015 - PSICOSOCIAL

O proxecto ROAMER (Roadmap for Mental Health Research in Europe), -coordinado polo Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM), dependente do Instituto de Saúde Carlos III- desenrolou unha ampla folla de ruta para a investigación en saúde mental en Europa

Dita folla de ruta estaría priorizada en seis áreas:

-  Previr a aparición dos trastornos mentais, e promover a saúde mental e a atención aos xóvenes

-  Buscar os mecanismos causales dos trastornos mentais.

-  Fomentar a colaboración internacional facilitando o acceso a bases de datos de saúde mental europeas.

-  Desenvolver e implementar novas e mellores intervencións para a saúde mental e o benestar utilizando avances científicos e tecnolóxicos.

-  Diminuír o estigma que supón padecer un trastorno mental, tanto para o paciente como para os seus familiares.

-  Investigar os sistemas sanitarios e sociais para mellorar as políticas sanitarias e que resulten máis eficientes.

Este achado pode ter un gran impacto na atención sanitaria e supoñer un aforro de custos importante nos próximos 5-10 anos.

A estimación de custos dos trastornos mentais en Europa foi de 461.000 millóns de euros en 2010 excluíndo os custos da demencia. A pesar disto, a saúde mental recibe unha porcentaxe moi pequena de financiamento.

Calcúlase que os trastornos mentais causan en España un 12% da discapacidade total e, en contraste con outros trastornos, esta cifra está a aumentar. A pesares disto, so se destinan a saúde mental o 5,6% do orzamento de investigación.

Os expertos solicitan aos políticos e entidades financiadoras españolas e europeas un investimento en investigación específica para poder conseguir unha redución substancial na carga das enfermidades mentais nos próximos 10 anos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS