Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Primeiro Francia, e agora é California a que se suma e etiqueta de canceríxeno ao herbicida máis utilizado no Estado

23-10-2015 - SAÚDE

A ministra de Ecoloxía de Francia anunciou en xuño que prohibiría a venda do glifosato, comercializado como Roundup, tras as evidencias dos seus efectos canceríxenos. Agora é o estado de California o que etiqueta o glifosato como produto canceríxeno. No Estado, onde é o herbicida máis vendido e utilizado, o Ministerio de Agricultura non se pronuncia e dende 2009 favorece a súa utilización en cultivos en todo o territorio nacional.

Unha vez que a OEHHA -Oficina de Avaliación de Riscos de Saúde Ambiental  de California- presentou a súa notificación alertando do perigo deste produto, os interesados poden alegar ata o próximo 5 de outubro.

A decisión de California para colocar ao glifosato na lista de sustancias químicas tóxicas é a primeira do seu tipo.  O Dr. Nathan Donley do Centro para a Diversidade Biolóxica, comenta “Ata onde eu sei, esta é a primeira axencia reguladora dentro dos Estados Unidos para determinar que o glifosato é un carcinóxeno”.

En marzo pasado a  IARC -Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro- deu a coñecer un informe que asegura que o glifosato é un “probable carcinóxeno”. Ademais o herbicida pode causar cancro en animais de laboratorio. O informe tamén revela casos de exposición ocupacional nos Estados Unidos, Canadá e Suecia que informaron dun maior risco do linfoma no Hodgkin que persistiu despois dos axustes a outros pesticidas.

Menos dunha semana despois de que a OMS publicase o seu informe sobre a relación do glifosato co cancro, Monsanto pediu unha retractación e mantén que o Roundup é seguro cando se usa segundo as indicacións. O pasado xoves, un tribunal de apelacións en Lyon (Francia), confirmou unha sentenza de 2012 a favor dun agricultor que afirmou que se enveleñara e sufrira danos neurolóxicos despois de inhalar o herbicida comercializado co nome de Lasso, que inclúe o monoclorobenceno entre os seus compoñentes. Monsanto apelará esta decisión.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS