Financiado por:
/ Portada / Delegados

Previsel: 13º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

06-04-2018 - 10 e 11 de abril de 2018

Os vindeiros días 10 e 11 de abril, terá lugar en Ourense a decimoterceira edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. No mesmo, a CIG estará presente na organización da Xornada formativa: Gas Radón: o perigo invisible. Exposición do marco lexislativo e aplicación práctica".

A Xornada formativa: "Gas Radón: o perigo invisible. Exposición do marco lexislativo e aplicación práctica" terá lugar o mércores 11 de abril de 10:00 a 14:00 horas -a entrega de documentación será ás 9:45 horas-.

A Xornada organizada pola Confederación Intersindical Galega, CIG, a través do seu Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, estará moderada polo Secretario Comarcal da CIG-Ourense, Anxo Pérez Carballo, e contará coa presencia de Ricardo Pol Sánchez, Arquitecto e especialista en Radón e de Lucía Ferrón Vidán, Técnica da Sección de hixiene industrial do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral, ISSGA.

Podes atopar máis información deste e outros temas relacionados coa seguridade e a saúde laboral na nosa web www.cigsaudelaboral.org.

O horario de apertura de PREVISEL será:

Mércores 11 de abril: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

Xoves 12 de abril: De 10:00 a 14:00 horas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS