Financiado por:
/ Portada / Delegados

Previsel: 12º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

09-05-2017 - 10 e 11 de maio de 2017

Os vindeiros días 10 e 11 de maio, terá lugar en Ourense a duodécima edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. A CIG estará presente a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e na organización da Xornada Técnica: "Acoso laboral. Acción sindical".

No expositor que representará á CIG no salón, poderedes consultar as publicacións realizadas nos últimos anos polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG. Todas están a disposición para a súa visualización e descarga gratuíta na sección Recursos Técnicos da web www.cigsaudelaboral.org ou premendo na ligazón.

O horario de apertura de PREVISEL será  de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h. o día  10 de maio e de 10:00 a 14:00 horas o día 11 de maio.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS