Financiado por:
/ Portada / Delegados

Premio Lugares de Traballo 2017

24-11-2017 - EU-OSHA

No marco do Festival Internacional de Cinema Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig), ven de entregarse o Premio Cinematográfico «Traballos Saudables» de 2017. Este premio está apoiado pola EU-OSHA co fin de animar aos cineastas a realizar obras que traten sobre os riscos aos que se enfrontan os traballadores/as e os cambios que afectan os lugares de traballo hoxe en día. Nesta ocasión os premiados foron o documental Before the bridge de Lewis Wilcox (Estados Unidos) e a película Turtle shells de Tuna Kaptan (Alemania). O xurado tamén outorgou unha mención especial á película Alien de Morteza Atabaki (Turquía).

Acompaña ao texto unha imaxe de Before the bridge de Lewis Wilcox; este documental trata da maneira en que a automatización afectará o futuro da humanidade. O xurado fixo o comentario seguinte con relación á película: «Uns cambios tecnolóxicos e sociais en rápida evolución no mundo que nos afectan a todos e inciden na nosa visión do futuro do traballo». 
Turtle shells de Tuna Kaptan explora as conexións entre o animal, o home e a guerra. O xurado pensou que a película representaba «un debate complexo e poético sobre a dramática confusión que reina no noso mundo contemporáneo: a guerra, a migración e a crueldade, todo o cal sintetiza o inesperado, incluída a nosa relación co mundo animal».

Máis información sobre as películas gañadoras do Premio Cinematográfico "Traballos saudables" edición 2017 e anteriores 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS