Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Posturas estáticas e TME: como afecta á saúde permanecer en posición sentada ou de pé longos períodos no traballo?

28-07-2021 - SAÚDE LABORAL

O noso corpo necesita moverse para funcionar ben: evitar posturas estáticas é importante para evitar os trastornos musculoesqueléticos (TME) e outros problemas de saúde. Dous novos informes sobre os riscos para a saúde do traballo sedentario tratan as cuestións de pasar moito tempo sentado/a ou de pé no traballo.

Analizan que persoas están máis expostas a estes riscos, cales son as recomendacións sobre permanecer sentado/a e de pé no traballo e como as empresas poden previr os riscos e axudar aos seus traballadores para aumentar a súa actividade física.

Ligazón ao informe "Os trastornos musculoesqueléticos e permanecer sentado/a e sen cambiar de postura durante períodos prolongados no traballo".

Ligazón ao informe "Os trastornos musculoesqueléticos e permanecer de pé e sen cambiar de postura durante períodos prolongados no traballo - Lea o informe e o resumo".

Ligazón á área prioritaria dedicada ao traballo sedentario para consultar as últimas orientacións e recomendacións.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS