Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Por qué o estrés no traballo importa

10-07-2012 - OIT

Unha onda de suicidios en France Telecom fai catro anos volveu a figurar nas noticias. A decisión das autoridades francesas de pór baixo investigación xudicial ao ex presidente de France Telecom pola súa presunta responsabilidade en máis de 30 suicidios de empregados resalta un tema que poucas veces é discutido pero que ten graves repercusións para a saúde dos traballadores: o estrés. A OIT advirte sobre os riscos á saúde mental vinculados co estrés no traballo.

Os suicidios en France Telecom en 2008 e 2009 coincidiron co agravamento da crise financeira mundial e a reestruturación da empresa.

“A decisión deste caso dependerá dos tribunais franceses”, dixo Seiji Machida, Director do Programa SafeWork da OIT. “Con todo, aquí na OIT pensamos que a crise se converteu en motivo de preocupación para a saúde e seguridade dos traballadores en todo o mundo”.

De acordo co experto da OIT, os traballadores teñen que facer fronte ao medo de perder o traballo e o estrés que isto xera. A redución dos recursos destinados á seguridade e saúde dos traballadores podería empeorar a situación.

“A pesar da crise, é necesario investir nunha forza de traballo saudable”, afirmou Machida. “Non só debido ao sufrimento das persoas, senón tamén porque o estrés ten custos moi elevados”,

Ao redor de 35 empregados de France Telecom suicidáronse entre 2008 e 2009. Varios deles deixaron notas queixándose da presión que sufrían no traballo. Un informe gobernamental de 2010 dixo que a empresa ignorara os consellos de médicos sobre o impacto das políticas de restructuración na saúde mental dos traballadores.

Na maioría dos países, o custo total dos accidentes e as enfermidades relacionados co traballo, incluso os asociados co estrés, é moi alto. Por exemplo, na Unión Europea estímase entre 2,6 e 3,8 por cento do produto interno bruto (PIB).

Os estudos ademais suxiren que o estrés é a causa de entre 50 e 60 por cento de todas as xornadas laborais perdidas, un custo enorme en termos tanto de aflición humana como de perda económica.

É probable que os organismos encargados de facer cumprir a lei, os inspectores de traballo e os servizos de seguridade e saúde conten con recursos limitados para exercer as súas funcións. “O resultado podería ser un incremento pronunciado de lesións e mortes e do estrés relacionado co traballo”, advertiu Machida.

Un aumento das enfermidades mentais

Mentres que en casos extremos, o estrés pode conducir ao suicidio, o experto da OIT advirte sobre un aumento xeral das enfermidades mentais debido o estrés no lugar de traballo, tanto en Europa como noutras rexións.

Esta tendencia ten diversas causas: exceso de información, intensificación do traballo e das presións temporais, maiores esixencias de mobilidade e flexibilidade, estar sempre “disponible” debido á tecnoloxía dos teléfonos móbiles e, por último pero non menos importante, o medo de perder o traballo.

Segundo a OIT, a mellor maneira de abordar estes problemas é a través de estratexias adaptadas ás condicións específicas do lugar de traballo en cuestión. Os problemas dunha fábrica grande nun país industrializado, por exemplo, poden ser moi diferentes daqueles nunha planta de produción nun país en desenvolvemento.

“A estreita colaboración entre os dirixentes e os traballadores é indispensable para atopar solucións aos problemas de seguridade e saúde no lugar de traballo. A participación e a contribución dos traballadores, dos seus representantes e sindicatos tamén é esencial para previr o estrés no traballo”, concluíu Machida.

 

Machida referíase a dúas novas publicacións da OIT: Stress prevention at work checkpoints, unha guía para avaliar os controis en materia de saúde e seguridade, e SOLVE: integrar a promoción da saúde nas políticas de seguridade e saúde no lugar de traballo, un módulo de formación dirixido ás empresas que se centran na prevención dos riscos psicosociais e na promoción da saúde e benestar no traballo.

Unha estratexia mundial en materia de Seguridade e Saúde no Traballo (SST).

A OIT desenvolveu un número de instrumentos exhaustivos para intensificar o seu labor no campo da SST. Os máis recentes son o Convenio n.° 187 e a Recomendación n.° 197 sobre o marco promocional para a seguridade e a saúde no traballo, 2006.

 

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS