Financiado por:
/ Portada / Delegados

Penas de cárcere para tres empresarios porque a súa neglixencia propiciou un accidente laboral

13-01-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A ausencia de medidas de seguridade no tallo era tan clamorosa que o propio promotor da obra, agora condenado, estivo a punto de caer polo mesmo oco polo que logo se precipitou a vítima, un novo albanel que quedou moi maltreito e ao que a Seguridade Social rematou por recoñecer unha incapacidade permanente total.

O incidente contouno outro dos procesados durante a vista oral do xuízo e o maxistrado, na súa sentenza, considera o episodio «especialmente» revelador da neglixencia dos procesados. «O coacusado colleu do brazo ao promotor da obra co fin de evitar que puidese caer polo oco».

O accidente aconteceu en Armilla o 21 de novembro de 2007, cando a burbulla inmobiliaria estaba en pleno esplendor e as grúas xermolaban por todas partes.

Os empresarios ordenaron o albanel que subira á «planta ático» do edificio de oito vivendas, para que colocase unhas «caixas de luz» na zona próxima ao oco do ascensor, «que estaba ao descuberto» ao carecer de varandas de protección, precisa a resolución do Xulgado do Penal número 2.

«Cando o traballador estaba a desenvolver estas tarefas, esvarou» e caeu dende unha altura de once metros. A consecuencia do choque contra o chan, fracturou unha vértebra, a tibia, o peroné... A vítima, que por aquel entón era un veinteañero, tivo que someterse a diversas intervencións cirúrxicas e estivo 18 días ingresado nun hospital, pero nunca se recuperou totalmente. Dende entón padece secuelas física e psíquicas. Todo iso podería terse evitado se os acusados non tivesen permitido «a creación dun risco».

DELITO CONTRA OS TRABALLADORES

Seis anos despois, catro persoas foron condenadas polo Xulgado do Penal número 2 de Granada pola comisión dun delito contra os dereitos dos traballadores «en concurso ideal» con outro de «lesións por imprudencia». O tribunal impuxo a cada un deles penas que suman once meses de cárcere, outros oito meses de multa e a inhabilitación para exercer a súa profesión mentres dure a condena.

Así mesmo, deberán indemnizar, de forma «conxunta e solidaria», o damnificado con 201.150 euros e pagar as costas procesuais.

A sentenza, que pode ser recorrida ante a Audiencia Provincial de Granada, recorda que «o empresario» está obrigado pola lei «a facilitar os medios de seguridade aos traballadores ao aparecer investido do poder de dirección e organización» da compañía de que se trate. Pero neste caso non o fixo. «O promotor da obra» -detalla a resolución xudicial- tiña «pleno coñecemento (...) da ausencia da varanda regulamentaria no oco» do ascensor «onde se produciu o accidente, pois así recoñeceuno el mesmo». De feito, o propio construtor estivo a punto de caer pola cavidade antes de que o albanel sufrise o contratempo.

A sentenza recoñece que o obreiro ferido non era empregado do promotor, pero precisa que iso non o exime de responsabilidade.

Neste sentido, indica que a vítima traballaba para unha subcontrata e de aí que tamén culpabilice os dous responsables desta segunda empresa. Para o maxistrado, estaba claro que «ambos os dous coacusados» tamén sabían que faltaban as medidas de seguridade que poderían ter evitado o sinistro.

O mesmo di o xuíz do arquitecto encargado de velar pola integridade dos obreiros «(...) Podendo promover de xeito activo e efectivo a emenda» das deficiencias, non fixo uso «da súa facultade» de paralizar parcial ou totalmente a obra, «converténdose deste xeito en cooperador necesario». O arquitecto técnico foi contratado polo promotor para a dirección da execución do inmoble e «a coordinación» da seguridade.

En resumo, que os catro acusados eran conscientes de que podía producirse un accidente, pero se quedaron de brazos cruzados.

 

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS