Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

PREVISEL: 16º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

21-03-2023 - 22 e 23 de marzo de 2023

Os días 22 e 23 de marzo, terá lugar en Ourense a décimo sexta edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. No mesmo, a CIG estará presente na organización da Xornada formativa “Prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo"

A Xornada formativa terá lugar o xoves 23 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

A Xornada organizada pola Confederación Intersindical Galega, CIG, a través do seu Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, estará moderada polo Secretario Comarcal da CIG-Ourense, Anxo Pérez Carballo, e será impartida por Patricia Cordo Ares, Técnica de Igualdade da CIG. Clausura Xulia González Pascual, Secretaria Confederal de Saúde Laboral da CIG.

Podes atopar máis información deste e outros temas relacionados coa seguridade e a saúde laboral na nosa web www.cigsaudelaboral.org.

 

O horario de apertura de PREVISEL será:

Mércores 22 de marzo: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Xoves 23 de marzo: De 10:00 a 14:00 horas.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS