Financiado por:
/ Portada / Delegados

PREVISEL: 15º Salón da Prevención e a Seguridade e a Saúde Laboral

16-03-2022 - 16 e 17 de marzo de 2022

Os días 16 e 17 de marzo, terá lugar en Ourense a décimo quinta edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. No mesmo, a CIG estará presente na organización da Xornada formativa “Nanomateriais: un avance tecnolóxico cheo de oportunidades e riscos".

A Xornada formativa: "Nanomateriais: un avance tecnolóxico cheo de oportunidades e riscos" terá lugar o mércores 16 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

A Xornada organizada pola Confederación Intersindical Galega, CIG, a través do seu Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, estará moderada polo Secretario Comarcal da CIG-Ourense, Anxo Pérez Carballo, e contará coa presencia de Mª Encarnación Sousa Rodríguez, Subdirectora Xeral Técnica de Planificación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral, ISSGA, e de Juan Manuel Rodríguez Lorenzo, Xefe de Sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas  do ISSGA en Ourense.

Podes atopar máis información deste e outros temas relacionados coa seguridade e a saúde laboral na nosa web www.cigsaudelaboral.org.

 

O horario de apertura de PREVISEL será:

Mércores 16 de marzo: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Xoves 17 de marzo: De 10:00 a 14:00 horas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS