Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Os traballadores en quenda de noite teñen máis facilidade para desenvolver diabetes

24-07-2013 - Saúde

Os traballadores en quenda de noite poderían ter "máis facilidade" para desenvolver diabetes, segundo asegurou a neuróloga especialista da Unidade do Soño da Clínica A Luz, a doutora Isabel Villalibre. Ao seu xuízo, desempeñar unha actividade profesional durante a noite e, por tanto, durmir en horario matinal, podería provocar no traballador "peor control do metabolismo do azucre" e facer que poida "desenvolver diabetes con mais facilidade". Para ela, esta situación "ao final tradúcese nunha privación crónica de soño".

Ademais, a experta, que sostén que, estas "persoas poden ter máis tendencia ao sobrepeso", sinala que tamén poderían sufrir "molestias gastrointestinais, somnolencia diurna, cansazo, irritabilidade ou falta de concentración". Por iso, manifesta que son consecuencias de saúde "a ter en conta".

Todas estas circunstancias prodúcense porque os traballadores nocturnos "teñen máis dificultades para iniciar o soño na mañá e durmen menos cantidade de horas", o que provoca que non haxa "unha recuperación", explica Villalibre. A iso únese o feito de que ese descanso se ve interrompido por pequenos espertares", engade.

Segundo achega a experta de Clínica A Luz, estes efectos son aínda máis acusados "a partir dos 50 anos", e é que "os mozos se adaptan mellor". De calquera forma, indica que se poden realizar certas accións para mitigar as consecuencias.

Así, sinala que, no ambiente laboral, "o ideal é tentar ter a máxima luminosidade posible para que a melatonina, que é a principal hormona que induce o soño, esté moi inhibida". Tras iso, aposta por saír das instalacións laborais con lentes de sol, as cales permitan estar nun ambiente un pouco máis escuro "para que a melatonina vaia subindo".

No entanto, afirma que antes desta última medida é preciso almorzar no mesmo lugar de traballo e de maneira non copiosa "para que dea tempo á dixestión ata que se chegue a casa e a persoa se deite". Ademais, isto é preciso para manter os horarios de comida "e levalos compasados co sono", declara.

Villalibre considera necesario que o traballador coma cando se levante, xa que o xantar é para estas persoas "a comida máis importante do día", a diferenza do resto da poboación onde é o almorzo o que cobra maior protagonismo.

De calquera forma, o profesional da quenda de noite non adoita durmir máis de sete horas, polo que o fai "dúas horas menos do normal e necesario", asegura. A explicación a iso atópaa en que "nin os ciclos de temperatura, nin de cortisol favorecen que o sono se prolongue".

Unido a iso atópanse os factores externos ao sono e de ruído, os cales non o permiten", xa que "a cidade está a vivir cando queren durmir", explica á vez que subliña que tamén se dorme menos "para compensar coa vida social".

En relación aos problemas para conciliar o sono, Villalibre sostén que "si que pode estar indicada a toma de hipnóticos", aínda que o mellor é solucionalo con métodos máis naturais, como a valeriana. Por contra, indica que a inxesta de estimulantes para manterse espertos na actividade laboral "estivo até agora mais controvertida".

Outro aspecto que se ve prexudicado por estes hábitos distintos aos tradicionais é a eficiencia, e é que a privación crónica de sono "vai arrastrando unha diminución na concentración, sobre todo, na capacidade de reacción rápida". Por iso, móstrase partidaria de "ter descanso entre os días de traballo".

Por último, asegura que existen persoas, como as que teñen patoloxías cardiovasculares, que non poden desenvolver a súa profesión durante a noite, xa que necesitan "manter un horario de sono máis ou menos regularizado".

A estas adhírense as que ven empeorada a súa calidade de vida ostensiblemente a pesar de non padecer ningunha patoloxía. De feito, conclúe que, ás veces, a capacidade para poder descansar, unha vez que termina o período de vida laboral, tamén se ve influído, xa que "á maioría cústalles volver adaptarse".

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS