Financiado por:
/ Portada / Delegados

Os sinistros de tráfico causan o 45% das mortes en accidente laboral

23-10-2019 - Sinistralidade laboral vial

Case a metade dos traballadores/as que cada ano perden a vida en accidente laboral, fano como consecuencia dun sinistro de tráfico, aínda que este tipo de accidentes só supoñen o 13,4% de todos os accidentes laborais. Catro de cada 10 empresas non contan con plans de mobilidade que aborden esta problemática.

 Máis aló da mortalidade, este tipo de sinistros ten outras importantes consecuencias. Por exemplo e segundo os datos presentados no I Observatorio da Sinistralidade Vial Laboral, a duración media das baixas é 7,4 días máis alta, ata 37 días, e representou no ano 2018 o 20% do importe total dos pagamentos que a mutua Asepeyo realizou para atender os casos de incapacidade permanente (parciais, totais e absolutas).

Seguindo cos datos presentados, o tramo de idade máis afectado é o dos mozos de entre 16 e 29 anos (35% do total). O luns é o día que rexistra máis sinistros in itinere (indo ou vindo ao traballo), mentres que o venres é cando se concentran a maioría dos que se producen durante a xornada laboral. A hostalería é o sector con maior taxa de incidencia e o menor, o da educación. As rexións máis afectadas por este tipo de accidentes son Baleares, Andalucía, Cataluña e Madrid. As que menos, A Rioxa, Estremadura e Castela e León. Dentro dos datos presentados, están incluídos os resultados dunha enquisa sobre mobilidade e seguridade vial laboral, realizada a fin de coñecer a realidade empresarial en materia de seguiridade vial laboral; segundo estos resultados o 40% das empresas do Estado español non contan cun plan de mobilidade, e menos da metade fan formación viaria laboral, sendo ademais esta moi reducida e limitada.

Fontes: elmundo.es, cnae.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS