Financiado por:
/ Portada / Delegados

Os infartos e os derrames cerebrais sitúanse como a primeira causa de morte no traballo

25-10-2016 - Saúde Laboral

Así, no primeiro semestre deste ano, 116 traballadores e traballadoras faleceron por mor destas patoloxías, o que supón o 51,33% do total. Estas patoloxías están vinculadas aos riscos psicosociais, como a tensión. A procentaxe ven incrementándose progresivamente dende 2008, ano no que este tipo de mortes situouse nun 29% do total de accidentes mortais

No 2013 chegou a representar o 48% do total de accidentes mortais, porcentaxe que baixou no 2014 e no 2015 (ano no que o 43% do total de falecementos foi por este tipo de patoloxías).
Segundo as sucesivas Enquisas Europeas de Condicións de Traballo, un gran volume de traballo e/ou estar sometido a moita presión, é algo moi común entre a poboación traballadora europea. Tamén son comúns a falta de control sobre o traballo e o escaso apoio social; incidindo nos riscos psicosociais, as mulleres traballan máis a tempo parcial que os homes e mais da metade dos traballadores e traballadoras europeos informan de que a tensión é común no seu lugar de traballo.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS