Financiado por:
/ Portada / Delegados

Os grandes empresarios británicos, decididos a loitar contra o estrés

23-04-2014 - PSICOSOCIAL

Un grupo de grandes empresas británicas lanzou unha campaña para poñer fin á cultura do silencio en torno á saúde mental no lugar de traballo, que se estima que está a custar á economía do Reino Unido 70 mil millóns de libras ao ano.

A campaña inclúe a BT, Bupa, RBS, Mars e Procter and Gamble, entre os seus membros fundadores. O seu obxectivo é crear conciencia sobre o problema da saúde mental no traballo co fin de que a nivel directivo se lle outorgue a mesma importancia estratéxica que á protección da saúde física do persoal. O grupo publicou un informe titulado "Saúde Mental: Estamos listos para falar” no que destaca o interese económico do problema.

O informe explica que a falta de transparencia en torno benestar mental está a asfixiar a produtividade e a competitividade das empresas do Reino Unido. O informe reforza os datos de dunha investigación recente da OCDE, o cal encontrou que a mala saúde mental, lle custa á economía do Reino Unido 70 mil millóns de libras ao ano, o que equivale ao 4,5 por cento do PIB.

Os datos da Oficina Nacional de Estatística (ONS) mostran que a ausencia por enfermidade causada polo estrés, a ansiedade ou a depresión aumentara a 15,2 días perdidos en 2013 fronte a 11,8 días en 2010.

O informe revela que os empresario non teñen plans proactivos para asegurar o benestar mental dos seus empregados. Ademais, moitas persoas afectadas por estes problemas non teñen a confianza para falar, mentres que ao mesmo tempo, as taxas de incidencia das enfermidades mentais están a aumentar dramaticamente.

Nun esforzo por corrixir este aumento da incidencia do estrés, a ansiedade e a depresión, a campaña fai un chamamento a todas as empresas do Reino Unido para tomar medidas e demostrar o seu compromiso coa loita contra a mala saúde mental no traballo mediante a firma dun documento de compromiso organizacional. Así mesmo, instou aos empresarios a unirse Bussiness in the Community (BITC) para cambiar a cultura das empresas británicas.

Louise Aston, directora de BITC, dixo: "As organizacións que non promoven o benestar mental dos seus empregados corren o risco de ter problemas a longo prazo, incluíndo a redución da competitividade, menor produtividade e menores perspectivas de crecemento sostible. Pola contra, as recompensas para as empresas que se dedican a esta cuestión son enormes".

O informe do grupo inclúe estudos de caso dos empregadores cuxas estratexias proactivas en relación á saúde mental do persoal produciron resultados positivos para o rendemento persoal e organizacional. Tamén establece unha guía para empresas sobre como poden adoptar un enfoque responsable para a mellora do benestar mental dos seus empregados.

Segundo o informe, os beneficios para as empresas que se dedican de forma proactiva á mellora do benestar mental inclúen a mellora da motivación do empregado, maiores taxas de retención do persoal e o aumento da competitividade.

 

Prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS