Os baixos salarios considerados como un risco psicosocial30-06-2016 - PsicosocialNun editorial publicado na edición de maio da revista Journal of Occupational and Environmental Medicine, científicos da Universidade de California, indican que os baixos salarios deben ser recoñecidos como unha verdadeira ameaza para a saúde no traballo: "os traballadores que gañan salarios baixos poden estar en maior risco de enfermidades e lesións que os traballadores que gañan salarios altos" Así, os baixos salarios deben considerarse como riscos psicosociais derivados da actividade profesional, igual que as longas horas de traballo e alta tensión laboral. | ![]() |
|---|
Os científicos sinalan que "polo menos parte da correlación entre os salarios e a saúde pode ser atribuída aos baixos salarios que resultan en comportamentos de saúde deficientes e non ao revés."
Destacan tamén que os salarios baixos poden ter efectos indirectos sobre a saúde, com sucede se os traballadores deben elixir entre elementos esenciais tales como o alugueiro ou a comida sa. O editorial sinala que varias liñas de investigación, incluíndo estudos do Reino Unido, suxiren que salarios máis altos conducen a melloras nos comportamentos de saúde.
Entre as coclusións do documento está que o vínculo entre os salarios baixos e a saúde ten importantes implicacións para a lexislación e as políticas relacionadas co salario mínimo ou salario digno. Un informe oficial do Reino Unido publicado en setembro de 2015 chegou a unha conclusión similar, relacionando os baixos salarios e o "benestar' laboral.
En 2014, a revista Hazards advertiu que os salarios baixos asócianse con altos riscos no lugar de traballo. "Como os baixos salarios van da man cos baixos niveis de saúde e seguridade, os accidentes de traballo e enfermidades como a diabetes e o cancro con frecuencia están asociadas co traballo".